Programa de Doutoramento en Biotecnoloxía Avanzada
O programa de doutoramento en Biotecnoloxía Avanzada ten como finalidade formar profesionais investigadores en diferentes ámbitos da investigación biotecnolóxica e constituír unha oferta de estudos de doutoramento competitiva, homoxénea, ben estruturada e de calidade. O obxectivo é preparar aos estudantes para que sexan capaces de iniciar e completar unha formación teórica, metodolóxica e investigadora no campo multidisciplinar da Biotecnoloxía, que se materialice na elaboración e defensa pública dunha tese doutoral complexa, orixinal e innovadora.


